D. ENRIQUE LORENZO VILA
Nace no ano 1970 en Vigo e
dende moi pequeno inicia a súa formación musical na banda de música "Unión
Musical de Valladares", ingresando posteriormente no Conservatorio
Superior de Música de Vigo onde obtén o Título de Profesor Superior de Trompa.
En Decembro de 1993 recibe unha Mención Honorífica, neste centro, na
especialidade de trompa.
No ano 2003, a
Universidade de Vigo concédelle o Diploma de Estudios avanzados na
especialidade de Didácticas Especiais.
Son numerosos os cursos de
formación que realizou ao longo da súa carreira musical: cursos de
especialización de trompa, análise musical, técnica vocal e dirección de
orquestra.
A súa experiencia docente
abrangue centros públicos e privados, traballou nos Conservatorios de Cangas do
Morrazo, Ourense e Mayeusis de Vigo; no IGAEM, na Escola de Música de
Valladares e nos colexios Montesol e Monterrey de Vigo.
No IGAEM desempeñou funcións
de profesor e trompa solista na Xove Orquestra de Galicia e na Orquestra da
Comunidade Autónoma de Galicia, con quen realizou xiras de concertos polos
principais Teatros de Sudamérica: Bos Aires, Santiago de Chile, Caracas,
Montevideo, Bogotá...
Tamén colaborou noutras
orquestras: Orquestra da Compañía de zarzuela "Ruperto Chapí" de
Madrid, Orquestra Sinfónica de Cannes, Orquestra Barroca "Anxanum" de
Italia, Orquestra de Cámara de La Coruña, Orquestra Filharmónica de Vigo e Orquestra
Clásica de Vigo.
Deu recitais de trompa en
diversas cidades de Galicia e o norte de Portugal, incluíndo nestes,
interpretacións coa TROMPA ALPINA, actuando como solista con esta trompa,
ademais, coa Banda Municipal de Lugo, Agrupación Musical de O Roseira,
Atlántida de Matamá e Unión Musical de Coruxo.
Foi Director invitado na
Banda Municipal de Lugo, Escola de Música de Beade e Unión Musical de Coruxo;
impartiu cursos de perfeccionamento musical da trompa en Vigo, Xove (Lugo) e
Alhandra (Portugal); é compositor de diferentes pasodobres e marchas para banda
de música, panxoliñas e temas vocais para coro de voces mixtas, e ten adaptado
diversas pezas e obras musicais para a formación de banda de música.
Actualmente é funcionario
de carreira no Conservatorio Superior de Música de Vigo onde imparte docencia
na especialidade de trompa, é Director da Escola de Música e da Agrupación
Musical Atlántida de Matamá, trompa solista da Orquestra Sinfonieta de Vigo e
Director da Coral Polifónica "San Mamede" de Zamáns (Vigo).